-->
CONCURSO DE TRASLADO
Escrito por Administrator   

 

Mércores, 28 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 13.739

Resolución do 22 de xullo de 2010, da

Dirección de Recursos Humanos, pola que

se convoca concurso de traslados para a

provisión de prazas de diversas categorías

de persoal estatutario deste organismo.

Coa finalidade de garantir o dereito á mobilidade

voluntaria do persoal estatutario recoñecido no Estatuto

marco, o artigo 27 do Decreto 206/2005, do 22

de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario

do Servizo Galego de Saúde, prevé a convocatoria

periódica, preferentemente cada dous anos, dun

concurso de traslados.

 

Convocados, mediante as resolucións da Secretaria

Xeral do Servizo Galego de Saúde, do 11 de

decembro de 2008 e do 18 de febreiro de 2009, os

procesos selectivos de diversas categorías de persoal

estatutario do organismo, procede convocar o correspondente

concurso de traslados que posibilite ao

persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde así

como ao doutros servizos de saúde, o exercicio do

dereito á mobilidade, e permita unha resolución

simultánea, canto aos prazos de toma de posesión,

dos dous procedementos de provisión de prazas.

Polo tanto, este centro directivo, despois da negociación

coa representación sindical no seo da mesa

sectorial de negociación e no uso das competencias

atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio,

polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos

centrais do Servizo Galego de Saúde,

 

RESOLVE:

Artigo 1º

Publicar a convocatoria do concurso de traslados

para a provisión das prazas de persoal estatutario do

Servizo Galego de Saúde das categorías relacionadas

no anexo III desta resolución, así como aprobar as

bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria,

contidos respectivamente nos anexos I e II desta.

Artigo 2º

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan á

Administración e os que participen nela.

2. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,

poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo

ante o xulgado do contencioso-administrativo competente,

no prazo de dous meses contados a partir do día

seguinte ao da súa publicación no

Potestativamente, no prazo dun mes poderase interpoñer

recurso de reposición ante este centro directivo.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan

producidos pola Dirección de Recursos Humanos do

Servizo Galego de Saúde poderán ser impugnados

polos interesados de acordo co establecido na

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

4. Os recursos contencioso-administrativos que se

interpoñan contra esta convocatoria ou calquera acto

integrante do concurso de traslados serán anunciados

no

localización aos posibles interesados.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2010.

Esperanza Fernández Lago

Directora de Recursos Humanos

Diario Oficial de Galicia.Diario Oficial de Galicia para os efectos de

ANEXO I

Bases

Primeira.-

1.1. Convócanse, para a súa provisión, as prazas

básicas vacantes de persoal estatutario do Servizo

Galego de Saúde das categorías que, para cada centro,

se especifican no anexo III desta resolución.

1.2. O concurso rexerase polas presentes bases, así

como polo establecido no artigo 37 da Lei 55/2003,

do 6 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario

dos servizos de saúde, e os artigos 27 e

seguintes do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, antes

citado.

Segunda.-

no concurso de traslados

Poderá participar voluntariamente no concurso de

traslados o seguinte persoal estatutario fixo:

2.1. O persoal estatutario fixo da mesma ou homologada

categoría, que se atope desempeñando ou

teña praza reservada nas institucións sanitarias dos

servizos de saúde do Sistema Nacional de Saúde,

sempre que tomasen posesión da praza estatutaria

cun ano de anticipación, como mínimo, á finalización

do prazo de presentación de solicitudes para

participar neste concurso.

2.2. O persoal estatutario fixo dos servizos de saúde

Sistema Nacional de Saúde en situación distinta

á de activo e que non teña reserva de praza desta ou

homologada categoría, sempre que reúna os requisitos

legais e regulamentarios para incorporarse ao

servizo activo o último día do prazo de presentación

de solicitudes para participar no presente concurso.

2.3. De conformidade co establecido na disposición

adicional segunda do Decreto 206/2005, do 22

de xullo, para a provisión de prazas das unidades e

servizos de atención primaria tamén poderá participar

o persoal licenciado sanitario e diplomado sanitario

con vínculo de fixeza nunha praza do modelo

tradicional de atención primaria en igualdade de

requisitos e condicións que o resto do colectivo.

Terceira.-

no concurso de traslados

Deberá participar obrigatoriamente no concurso de

traslados o persoal estatutario fixo que se atope en

13.740 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 143

situación de reingreso provisional ao servizo activo

no Servizo Galego de Saúde, debendo solicitar necesariamente,

por orde de preferencia, todas as prazas

da súa categoría, convocadas na área de saúde a que

pertenza a praza que desempeña con carácter provisional.

O/a reingresado/a provisional que non obteña

praza definitiva no presente concurso, solicitando

todas as da súa categoría, convocadas na área de

saúde de pertenza, poderá optar por obter novo destino

provisional nalgunha das prazas que resulten

vacantes como consecuencia da resolución do presente

concurso ou pasar á situación de excedencia

voluntaria. O/a reingresado/a provisional que non

participe neste concurso ou non obteña praza e non

solicitase todas as da súa categoría convocadas na

área de saúde de pertenza será declarado de oficio

en situación de excedencia voluntaria.

Cuarta.-

prazas

4.1. As prazas serán adxudicadas aos concursantes

de acordo co baremo de méritos que se publica como

anexo II desta resolución.

4.2. Serán valorados unicamente os méritos acreditados

ata o día inmediato anterior, inclusive, ao da

publicación desta resolución no

Galicia

4.3. No caso de empate na puntuación final, resolverase

a favor do/a concursante que acredite máis

tempo traballado como persoal estatutario fixo. De

persistir o empate resolverase a favor da maior puntuación

de cada un do resto das epígrafes do baremo

e pola súa orde. Por último, decidirá a maior idade.

Quinta.-

5.1. Cada concursante deberá cubrir unha única

solicitude a través da Oficina Virtual del Profesional

(FIDES), seguindo as instrucións que se establecen

no anexo V e axustándose necesariamente ao modelo

establecido; unha vez cuberta a solicitude segundo

se indica, deberá imprimir copia en papel e presentala

xunto coa documentación acreditativa.

Para aqueles concursantes provenientes do Sistema

Nacional de Saúde, que non poidan acceder ao

formulario de solicitude a través da Oficina Virtual

do Profesional, habilitarase un enlace na páxina web

do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Serán desestimadas, sen máis trámite, as solicitudes

que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura,

tanto na solicitude como nalgunha das follas

de petición de prazas ou no certificado ou en calquera

dos documentos anexos á solicitude a que se fai

referencia na base sexta, sempre que non se atopen

salvados baixo sinatura.

5.2. Os/as participantes poderán solicitar, por orde

de preferencia, todas as prazas que consideren convenientes,

tanto das ofertadas no anexo III desta

resolución, como de aquelas outras non ofertadas

indicadas no anexo IV.

5.3. A solicitude nun centro ou complexo hospitalario

supón a petición da totalidade das prazas convocadas

no devandito centro no anexo III, así como

as que queden vacantes no centro como consecuencia

da resolución do concurso e, por tanto, sexan

susceptibles de ser adxudicadas en resultas.

5.4. A solicitude de praza nun centro de atención

primaria supón a petición da totalidade das prazas do

mesmo réxime de xornada convocadas no devandito

centro no anexo III, así como as que queden vacantes

do mesmo réxime de xornada no centro como consecuencia

da resolución do concurso e, por tanto,

sexan susceptibles de ser adxudicadas en resultas.

5.5. As solicitudes, que se deberán dirixir á Dirección

de Recursos Humanos do Servizo Galego de

Saúde (San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela),

poderán ser presentadas nos centros que se

relacionan a seguir ou a través de calquera dos procedementos

do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común,

advertíndose que na folla ou follas, se for o caso, da

solicitude de admisión ao presente concurso debe

figurar o selo de rexistro, quedando os orixinais en

poder da Administración e expedindo copia para os

os interesados:

a) Na Consellería de Sanidade.

b) Nas xefaturas territoriais de Sanidade dos

departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de

Saúde.

d) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos

hospitalarios do Servizo Galego de Saúde.

e) Nos servizos de persoal das xerencias de Atención

Primaria do Servizo Galego de Saúde.

5.6. Debido ao período estival, o prazo de presentación

da solicitude, á cal deberá unirse necesariamente

toda a documentación que se presente, prorrogarase

ata o día 15 de setembro de 2010.

5.7. Durante o prazo de presentación de solicitudes,

os/as participantes poderán retirar ou modificar

as súas solicitudes mediante a presentación dunha

nova, que anulará totalmente a anterior. Transcorrido

o prazo de presentación de solicitudes, non se

admitirá nin a modificación ou retirada da solicitude

nin a presentación de novos documentos.

Sexta.-

1. Todos/as os/as participantes, con carácter xeral,

deberán presentar a seguinte documentación:

I) Fotocopia do documento nacional de identidade

ou pasaporte.

Nº 143

II) Copia compulsada do seu nomeamento en propiedade

na categoría.

III) Certificación orixinal expedida polo servizo de

persoal do centro en que actualmente presta os seus

servizos, conforme ao modelo que se achega como

anexo VI a esta resolución.

IV) Copia compulsada, se for o caso, dos diplomas

acreditativos de ter superados os cursos de coñecemento

da lingua galega.

V) Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas

dos méritos alegados.

Deberá presentarse copia traducida por tradutor

xurado daqueles títulos ou certificacións que estean

redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais

do Estado español.

Respecto dos traballos científicos e de investigación

redactados nun idioma distinto a calquera dos

oficiais do Estado español, non será necesario presentar

copia traducida por tradutor xurado.

Polo que se refire aos traballos publicados en

revistas, tan só será necesario presentar fotocopia

compulsada das follas do traballo en que conste o

nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a

data de publicación.

En relación cos capítulos de libros, será suficiente

presentar fotocopia compulsada das follas en que

conste o título do libro, o título do capítulo, o autor,

o depósito legal do libro e/ou o ISBN e a data de

publicación.

Por último, en relación cos libros será suficiente

presentar fotocopia compulsada das follas en que

conste o título do libro, o sumario ou índice deste, o

seu autor, o seu depósito legal e/ou o ISBN e a data

de publicación.

2. O persoal en situación de activo deberá achegar,

ademais, copia compulsada do nomeamento en propiedade

da praza actualmente desempeñada (no

suposto de non corresponder coa do seu nomeamento

inicial na categoría).

3. O persoal en situación de excedencia presentará,

ademais, copia compulsada da resolución en que

se lle concedeu.

4. O persoal en reingreso provisional presentará,

ademais, copia compulsada da resolución pola cal se

lle autorizou o reingreso.

Sétima.-

7.1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes

e á vista das prazas solicitadas polos concursantes,

así como dos méritos alegados e acreditados,

procederase á baremación.

7.2. Finalizada a devandita baremación, a Dirección

de Recursos Humanos do Servizo Galego de

Saúde aprobará a resolución provisional do concurso,

que será publicada no

7.3. De conformidade co establecido no artigo 29.2º

do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, antes citado,

os/as concursantes disporán dun prazo de quince

días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da

súa publicación, para formularen reclamacións contra

a resolución provisional. As citadas reclamacións

serán rexeitadas ou admitidas na resolución definitiva,

que será aprobada pola autoridade convocante e

se publicará na mesma forma en que o foi a convocatoria

do concurso. Esta publicación servirá de

notificación aos/as interesados/as e, a partir dela,

empezarán a contarse os prazos establecidos para

que os organismos afectados efectúen as actuacións

administrativas procedentes.

7.4. Conforme o establecido no artigo 29.4º do

citado Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas

adxudicadas definitivamente serán irrenunciables,

agás que a devandita renuncia estea motivada pola

obtención de praza en virtude da resolución dun

procedemento de mobilidade voluntaria convocado

por outra Administración pública ou servizo de saúde.

Oitava.-

8.1. Os/as concursantes que obteñan praza deberán

cesar en que, se for o caso, desempeñen dentro

dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se

publique a resolución definitiva.

8.2. A toma de posesión da nova praza deberá

efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao

do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada

son da mesma área de saúde; no prazo de quince

días hábiles se as prazas son de distinta área de

saúde dentro do Servizo Galego de Saúde ou no prazo

dun mes se a praza desempeñada corresponde a

outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase

por praza desempeñada a efectivamente ocupada,

con independencia de que sexa en condición de

destino definitivo, adscrición ou destino provisional

ou comisión de servizos. Non disporán de ningún

dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios

de praza no concurso que xa viñesen ocupando

praza no mesmo centro de destino, en virtude de

comisión de servizos ou reingreso provisional.

8.3. No caso de que a adxudicación da praza supoña

o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de

posesión será dun mes, contado a partir do día

seguinte ao da publicación da resolución definitiva

do concurso.

8.4. O prazo de cesamento iniciásese cando finalice

o permiso ou licenza que, se for o caso, lle fose

concedido ao interesado, agás que por causas xustificadas

se acorde suspender o seu desfrute.

13.742 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 143

8.5. Se así o permiten as necesidades do servizo e

a petición do interesado, o prazo de toma de posesión

poderá ser prorrogado polo órgano convocante.

8.6. Cando un/a concursante non tome posesión da

praza dentro do prazo ou, se é o caso, da prórroga

concedida, entenderase que solicita a excedencia

voluntaria por interese particular como persoal estatutario,

e será declarado/a en tal situación polo órgano

convocante do concurso.

Non obstante o anterior, se existiren causas suficientemente

xustificadas, así apreciadas, despois da

audiencia do/a interesado/a, pola Dirección de

Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde,

poderase deixar sen efecto a devandita situación.

Neste caso o interesado deberá incorporarse ao seu

novo destino tan pronto desaparezan as causas que

no seu momento o impediron.

8.7. Agás cando a resolución do concurso implique

o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de

posesión e, se for o caso, a prórroga deste, terá a

consideración de servizo activo, percibíndose os

correspondentes haberes conforme as normas establecidas

na vixente orde pola que se ditan instrucións

sobre a confección de nóminas de persoal ao

servizo da Administración autonómica.

8.8. Esta convocatoria resolverase de modo simultáneo,

en canto á toma de posesión dos novos destinos,

respecto do proceso selectivo convocado polas

resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de

Saúde do 11 de decembro de 2008 e do 18 de febreiro

de 2009.

Novena.-

9.1. A comisión ou, se for o caso, comisións encargadas

da baremación de méritos neste concurso de

traslados, serán nomeadas co ámbito que acorde a

autoridade convocante.

Estas comisións terán a condición de primeira categoría

para os efectos do disposto no Decreto 144/2001,

do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do

servizo ao persoal con destino na Administración

autonómica de Galicia (DOG nº 122, do 25 de xuño).

9.2. De conformidade co establecido no artigo 16.2º

do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo

que se aproba o texto articulado das bases contidas

no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de

decembro das taxas, prezos e exaccións reguladoras

da Comunidade Autónoma de Galicia, serán gratuítas

todas as compulsas e certificacións que se expidan

polos distintos centros de gasto do Servizo Galego

de Saúde ao persoal estatutario fixo que participe

no concurso.

9.3. Os traslados derivados deste concurso teñen

carácter voluntario, non xerando dereito a indemnización

ningunha.

9.4 O persoal que a través deste concurso obteña

destino nun centro de atención primaria do Servizo

Galego de Saúde quedará suxeito á ordenación da

atención primaria na Comunidade Autónoma de

Galicia que resulte do Decreto 200/1993, do 29 de

xullo, e normativa que o desenvolve.

Normas xerais.Persoal que poderá participar voluntariamente.Persoal que deberá participar obrigatoriamente.Mércores, 28 de xullo de 2010Orde de prelación para a adxudicación de.Diario Oficial de.Solicitudes.Documentación.Mércores, 28 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 13.741Resolución do concurso.Diario Oficial de Galicia.Efectos derivados do concurso.Mércores, 28 de xullo de 2010Normas derradeiras.

ANEXO II

Baremo de méritos para persoal licenciado sanitario

(210 puntos)

1. Experiencia profesional: (ata un máximo de 170

puntos).

1.-Servizos prestados como persoal estatutario

fixo:

1.1.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario fixo na categoría na que se

concursa en institucións sanitarias do Sistema

Nacional de Saúde: 0,50 puntos/mes.

1.2.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario fixo noutra categoría en

institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde:

0,20 puntos/mes.

2.-Servizos prestados como persoal estatutario

temporal: (ata un máximo de 34 puntos).

2.1.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario temporal na categoría de na

que se concursa en institucións sanitarias do Sistema

Nacional de Saúde: 0,20 puntos/mes.

2.2.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario temporal noutra categoría

en institucións sanitarias do Sistema Nacional de

Saúde: 0,10 puntos/mes.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada

ou gardas en urxencias extrahospitalarias, o cómputo

dos servizos prestados efectuarase por meses.

Para iso calcularase en cada punto do baremo o

número total de días e dividirase entre 30, de tal

maneira que o que se valorará en cada punto será o

cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso a suma dos servizos prestados con

distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural

poderá valorarse por enriba da puntuación establecida

para o devandito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos

prestados poderá ser obxecto de valoración en distintos

puntos do baremo. De igual forma, un mesmo

período de tempo de servizos prestados non poderá

ser obxecto de valoración en máis dunha categoría,

ou en varios servizos ou unidades, tanto deste como

de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención

continuada ou gardas en urxencias extrahospiN

º 143

talarias, computaranse co criterio de equivalencia

dun mes completo por cada 130 horas traballadas no

devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda

á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron

máis de 130 horas, soamente poderá valorarse

un mes de servizos prestados, sen que o exceso de

horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo

de servizos prestados noutro mes.

O período de formación para a obtención do título

de especialista non poderá ser valorado, en ningún

caso, como tempo de servizos prestados.

Os servizos prestados durante o período en que se

goce dunha redución de xornada para o coidado de

familiares, serán valorados como servizos prestados

en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente

nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte

redución.

2. Coñecemento da lingua galega: (ata un máximo

de 10 puntos).

a) Pola acreditación do Celga 2 ou Celga 3 ou

equivalente: 5 puntos.

b) Pola acreditación do Celga 4 ou equivalente: 10

puntos.

A puntuación dos puntos a) e b) son excluíntes

entre si.

3. Formación: (ata un máximo de 20 puntos).

3.1. Especializada:

a) Por ter completado o período como residente do

programa MIR, FIR, BIR, QUIR, PIR ou RHIR (en

España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado

o período de formación como residente nun

centro estranxeiro cun programa recoñecido de

docencia para posgraduados na especialidade á que

se presente e con título validado polo Ministerio de

Educación e Ciencia: 5 puntos.

b) Por ter obtido o título da especialidade como

consecuencia de acceder, con anterioridade á

entrada en vigor do Real decreto 127/1984, do 11

de xaneiro, a unha praza de especialista en formación,

convocada por algunha das administracións

públicas ou institucións sanitarias concertadas con

estas e que acrediten ter realizado de forma ininterrompida

e baixo un mesmo réxime docente os anos

de formación establecidos para a correspondente

especialidade, mediante nomeamento ou contrato

de bolsa docente expedido pola dita Administración

que implique relación profesional retribuída

periodicamente con cargo aos seus orzamentos: 5

puntos.

A puntuación dos puntos a) e b) son excluíntes

entre si.

3.2. Continua:

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos

de formación e perfeccionamento acreditados

pola Comisión de Formación Continuada do Sistema

Nacional de Saúde ou pola Comisión Autonómica,

sempre que teñan un contido relacionado coas funcións

propias da categoría e que estean dirixidos

directamente á categoría a que se opta.

b) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos

de formación e perfeccionamento convocados e

impartidos pola Administración estatal, autonómica,

universidades Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais,

organizacións sindicais ou avalados polo

Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo

público, sempre que teñan un contido relacionado

coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos

directamente á categoría a que se opta.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos

de formación continuada realizados en aplicación

dos acordos de formación continuada das administracións

públicas, sempre que teñan un contido

relacionado coas funcións propias da categoría e que

estean dirixidos directamente á categoría a que se

opta.

d) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos

de formación e perfeccionamento acreditados conforme

ao European Credit Transfer System (ECTS),

sempre que teñan un contido relacionado coas funcións

propias da categoría e que estean dirixidos

directamente á categoría a que se opta.

-Por crédito: 0,25 puntos.

-Por hora: 0,025 puntos.

A puntuación que se outorgará aos concursantes

que impartisen os devanditos cursos será de 0,50

puntos por crédito ou de 0,050 puntos por hora de

docencia impartida.

Para o caso de que o certificado indique os créditos

e as horas de duración, a valoración realizarase

sempre polos créditos que figuren neste.

Non se valorarán os cursos de formación realizados

durante o período de especialización que estean

incluídos no programa docente da correspondente

especialidade.

Os cursos de prevención de riscos, de informática,

de xestión clínica, de bioestatística e de metodoloxía

da investigación valoraranse en todas as categorías.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos

á realización de xornadas, seminarios, simposios

ou similares, sempre que non estean debidamente

acreditados pola Comisión de Formación

Continuada do Sistema Nacional de Saúde ou pola

Comisión Autonómica.

13.744 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 143

3.3. Grao e posgrao:

-Grao: 0,50 puntos (con sobresaínte ou matrícula

de honra 0,50 puntos máis).

-Premio extraordinario: 2 puntos.

-Pola realización de todos os cursos de doutoramento

(sistema anterior ao Real decreto 185/1985)

ou pola realización do programa de doutoramento ata

o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais

decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do

diploma de estudos avanzados (DEA): 8 puntos.

-Título de doutor: 15 puntos.

-Premio extraordinario de doutoramento: 1 punto.

4. Outras actividades: (ata un máximo de 10 puntos).

a) Por traballos científicos e de investigación

directamente relacionados coa categoría de que se

trate, apreciados libremente pola comisión de baremación,

conforme os seguintes criterios e táboa de

valoración:

-Publicacións en revistas científicas:

Primeiro cuartil da especialidade: 0,30 puntos.

Segundo cuartil da especialidade: 0,20 puntos.

Outras revistas: 0,10 puntos.

-Libros ou capítulos de libros:

Capítulo de libro: 0,30 puntos.

Libro completo: 1 punto.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun

libro.

-Os abstract, en tanto que sexan o resultado de

comunicacións, relatorios, conferencias, etc., non

serán obxecto de valoración.

-En ningún caso un mesmo contido determinado e

obxetivable, publicado baixo diferentes formas (abstract,

artigo, capítulo, etc.) poderá ser obxecto de

máis dunha valoración.

Mércores, 28 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 13.743Mércores, 28 de xullo de 2010

Baremo de méritos para o resto de categorías (260 puntos)

1. Experiencia profesional: (ata un máximo de 250

puntos).

1.-Servizos prestados como persoal estatutario fixo:

1.1.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario fixo na categoría en que se

concursa en institucións sanitarias do Sistema

Nacional de Saúde: 0,60 puntos/mes.

1.2.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario fixo noutra categoría en

institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde:

0,25 puntos/mes.

2.-Servizos prestados como persoal estatutario

temporal: (ata un máximo de 50 puntos).

2.1.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario temporal na categoría en

que se concursa en institucións sanitarias do Sistema

Nacional de Saúde: 0,30 puntos/mes.

2.2.-Por cada mes completo de servizos prestados

como persoal estatutario temporal noutra categoría

en institucións sanitarias do Sistema Nacional de

Saúde: 0,10 puntos/mes.

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada

ou gardas en urxencias extrahospitalarias, o cómputo

dos servizos prestados efectuarase por meses.

Para iso calcularase en cada punto do baremo o

número total de días e dividirase entre 30, de tal

maneira que o que se valorará en cada apartado será

o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con

distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural

poderá valorarse por enriba da puntuación establecida

para o devandito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos prestados

poderá ser obxecto de valoración en distintos puntos

do baremo. De igual forma, un mesmo período de

tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de

valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos

ou unidades, tanto deste como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención

continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias,

computaranse co criterio de equivalencia

dun mes completo por cada 130 horas traballadas no

devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda

á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron

máis de 130 horas, soamente poderá valorarse

un mes de servizos prestados, sen que o exceso de

horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo

de servizos prestados noutro mes.

Os servizos prestados durante o período en que se

desfrute dunha redución de xornada para o coidado

de familiares, serán valorados como servizos prestados

en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente

nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte

redución.

2. Coñecemento da lingua galega: (ata un máximo

de 10 puntos).

a) Pola acreditación do Celga 2 ou Celga 3 ou

equivalente: 5 puntos.

b) Pola acreditación do Celga 4 ou equivalente: 10

puntos.

A puntuación dos puntos a) e b) son excluíntes

entre si.

Nº 143

Mércores, 28 de xullo de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 13.745

ANEXO III

Prazas ofertadas por categorías/especialidades

C

ódigo Categoría 1501 1505 1516 1515 1571 2701 2706 2707 3201 3204 3215 3601 3603 3615 7040 7041 7042

1 Albanel 1 1 1

2 C

alefactor/a 2 1 1 1 1 2 1

3 C

arpinteiro/a 1 1 1 1 2

4

Celador/a 53 18 73 28 1 15 26 3 2 73 33

5

Cociñeiro/a 4 1 1 1 2

6

Costureiro/a 3 1 2 3

7 Elect

8 Enfe

22

10 En

11 Fi

1

1

14 G

15 G

16 G

17 Lavandei

18 Lo

ricista 1 2 2 2 1 2 4rmeiro/a especialista en obstetricia-xinecología (matrón/a) 4 4 2 2 1 2 9 8 2Enfermería (ATS/DUE) 162 50 12 3 95 43 2 8 69 15 21 132 62 18xeñeiro/a técnico/a 2 1 1 1 1sioterapeuta 1 1 1 3 4 1 1 2 3 1 5 3 12 Fontaneiro/a 2 2 3 1 1 13 Grupo administrativo da función administrativa 2 2 1 1 1rupo auxiliar da función administrativa 11 5 6 2 20 6 10 10 4 1 15 7 7 1 4 1rupo de xestión da función administrativa 1 3 1 6 2 1 1 1 3 1 1rupo técnico da función administrativa 1 1 3 1 1 1ro/a 2 1 1 6gopeda 2

19 Mecánico/a

2 2 1 1 3 3 1

2

2

0 Pasador/a de ferro 8 1 2 21 Perruqueiro/a 2 1

23

2

97 Técnico e

2

2

Persoal de servizos xerais4 Pinche 41 10 20 11 2 1 32 3 23 8specialista en radiodiagstico 3 6 2 1 33 13 1 4 11 3 6 3 25 Técnico/a de xestión de sistemas e T.I. 1 1 1 1 2 26 Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería 136 16 4 14 117 22 10 3 59 31 6 123 42 17 1

2

2

7 Técnico/a especialista de sistemas e T.I. 1 1 28 Técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía 1 1 3 2 1 1 1

2

91 Técnico/a e

9 Técnico/a especialista en hixiene bucodentalspecialista en laboratorio de diagstico clínico 9 5 2 16 5 1 2 6 4 1 20 1 3

9

9

94 Telefoni

95 Te

96 T

2 Técnico/a especialista en radioterapia 3 53 Técnico/a superior de sistemas e T.I. 1sta 1 1 1 1 1rapeuta ocupacional 1 3 1 2 1raballador/a social 1 1 2 1 1 1 3

A p

A

A

raza de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería do Centro de Transfusión de Galicia que se convoca a concurso de traslados está en Ferrol.s prazas de técnico/a especialista en radioterapia corresponde a Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., na área sanitaria de Vigo.s prazas de grupo auxiliar da función administrativa de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., corresponden á área sanitaria de Ourense.