Servicios
SERGAS
| SERVICIO GALEGO DE SAUDE |
| Escrito por Administrator | |||
|
Convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais nas categorías de personal de enfermería (DUE) no ambito das listas especiais de curta duración hospitalaria do Hospital do Salnés, Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital de Verín
Resolución do 7 de maio de 2010, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se formaliza a convocatoria para a selección de aspirantes a vinculacións temporais nas categorías de persoal de enfermaría (DUE) e de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, no ámbito das listas especiais de curta duración hospitalaria do Hospital do Salnés, Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital de Verín. Venres, 21 de maio de 2010 (DOG nº 95)No pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO, UGT, CSI-CSIF e SAE, sobre selección temporal de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde asinado o 6 de maio de 2004, e publicado no Oficial de Galicia que unha vez publicado o pacto se formalizará e se publicará a convocatoria de aspirantes. En cumprimento e ao abeiro desta norma, e como instrumento de continuidade no tempo doutras convocatorias precedentes, por medio da Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde do 1 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril), formalizouse unha convocatoria de selección temporal de novas persoas aspirantes e de incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas nas institucións sanitarias deste organismo nas categorías de persoal médico de familia, pediatra, persoal médico de urxencias hospitalarias, odontólogo/ a, persoal de enfermaría (DUE), matrón/a, técnico/ a en coidados auxiliares de enfermaría e cociñeiro/ a. Con carácter particular, a dita resolución comprendía, xunto coas listas ordinarias das categorías aquí citadas, distintas modalidades de listas especiais, dentro das que figuran as listas de curta duración hospitalaria para persoal de enfermaría (DUE) e para técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. A antedita resolución constituíu así o primeiro antecedente normativo no eido da selección temporal de persoal estatutario que, para as categorías referidas, abranguía as entidades incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril (DOG nº 100, do 25 de maio), de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade, e en cumprimento do establecido na súa disposición transitoria primeira. Por outro lado, a norma 12.3 do vixente pacto sobre selección de persoal temporal determina que para a cobertura das necesidades de persoal estatutario naquelas categorías que razoadamente se considerase oportuno, producidas como consecuencia do traslado de enfermos en ambulancias, absentismo, incapacidade temporal pendente de xustificación non superior a tres días desde a data da súa efectividade, permisos e licenzas, poderá confeccionarse unha listaxe especial por centro ou complexo da correspondente categoría para nomeamentos que non excedan os cinco días. Así mesmo, determínase que corresponderá aos propios centros interesados a realización da oportuna proposta ante a comisión central de seguimento do pacto, que resolverá sobre a pertinencia concreta de cada listaxe e o número concreto de aspirantes que proceda incluír, en atención ás circunstancias concorrentes e ás necesidades reais de vinculación manifestadas por aqueles. As institucións hospitalarias comprendidas no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril, achegaron as propostas de dotación das listaxes especiais citadas no parágrafo anterior para persoal de enfermaría (DUE) e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, con posterioridade á formalización da convocatoria ordinaria vehiculada pola Resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde e adiou a súa ratificación á comisión central de seguimento do pacto de selección temporal ata a súa reunión do 16 de abril de 2010. Porén, esta resolución vén así dar cumprimento á citada previsión, instrumentando un proceso complementario de selección temporal para o persoal de enfermaría (DUE) e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría no ámbito das listaxes especiais de curta duración do Hospital do Salnés, Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital de Verín. Logo do acordo do contido desta convocatoria no seo da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, en exercicio das facultades atribuídas no Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, Diarionº 104, do 1 de xuño, establéceseRESOLVE: Primeiro.- Por medio desta resolución procédese a convocar as persoas interesadas en presentar a súa solicitude de inscrición nas listaxes que se confeccionen, en aplicación da Norma 12.3 do pacto sobre selección temporal do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para o acceso ás vinculacións temporais de curta duración nos ámbitos do Hospital do Salnés, 9.060 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 95 Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital de Verín, nas categorías de persoal de enfermaría (DUE) e de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría. Tendo en conta a natureza complementaria destas listaxes especiais respecto das ordinarias formalizadas por Resolución do 1 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril), a admisión nas listaxes obxecto desta convocatoria estará restrinxida ás persoas aspirantes admitidas nas listaxes definitivas confeccionadas ao abeiro da citada convocatoria ordinaria ou, de ser o caso, das convocatorias automáticas previstas na norma décima da dita resolución, nas categorías de persoal de enfermaría (DUE) ou de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e nos ámbitos daquelas áreas en que se integran as institucións hospitalarias detalladas no parágrafo primeiro, isto é, a área do Salnés polo que respecta ao Hospital do Salnés, a área de Santiago, polo que atinxe ao Hospital da Barbanza, a área da Coruña, respecto ao Hospital Virxe da Xunqueira, e a área de Ourense, en relación ao Hospital de Verín. Porén, as persoas aspirantes que presenten a súa solicitude ao abeiro desta convocatoria manterán integramente a puntuación e a prelación resultante da valoración da súa solicitude ordinaria, segundo os termos definidos na resolución deste centro directivo, do 1 de abril de 2009, sen que caiba a achega e valoración de novos méritos. Segundo.- As listaxes de aspirantes seleccionados ao abeiro desta convocatoria serán de aplicación ás vinculacións temporais de curta duración previstas na norma 12.3 do vixente pacto de selección temporal, que resulte necesario formalizar nas categorías de persoal de enfermaría (DUE) e de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría nos ámbitos do Hospital do Salnés, Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira e Hospital de Verín. Para tal efecto, elaborarase unha listaxe de aspirantes por cada unha das categorías e centros convocados. Terceiro.- Só poderán inscribirse nas listaxes reguladas nesta convocatoria as persoas aspirantes que figuren inscritas na vixente lista ordinaria definitiva de admitidos/as para a formalización de vinculacións temporais das categorías de persoal de enfermaría (DUE) ou de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría na área sanitaria de adscrición de cada un dos centros hospitalarios comprendidos no punto primeiro desta resolución. Ademais, as persoas aspirantes que, conforme o punto oitavo desta resolución veñan obrigadas ao aboamento de taxas por dereito de inscrición, deberán efectuar e acreditar, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o seu aboamento. Cuarto.- As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar solicitude, segundo modelo normalizado que se xunta como anexo e que estará á súa disposición na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), nas direccións provinciais e nos centros hospitalarios e xerencias de atención primaria do citado organismo. No modelo normalizado de solicitude, as persoas aspirantes deberán facer constar, no espazo reservado para o efecto, a categoría e área sanitaria en que figuren admitidas na listaxe ordinaria, así como a orde de prelación que ocupan nela. As persoas aspirantes só poderán solicitar a inclusión na listaxe especial de curta duración na categoría e centro hospitalario pertencente á área sanitaria en que figuren admitidas na listaxe ordinaria. Xunto coa solicitude, e dentro do prazo de presentación destas, as persoas interesadas deberán achegar a copia do DNI, debidamente compulsada, así como o documento acreditativo de ter aboado as taxas que, de ser o caso, correspondan. Non será admitida ningunha outra documentación. As persoas interesadas que, ao abeiro da convocatoria ordinaria formalizada o 1 de abril de 2009 ou das automáticas posteriores, tivesen manifestado, xunto coa súa solicitude, a opción de listaxe especial no ámbito dalgún dos centros convocados por esta resolución e figuren como admitidos nas listaxes definitivas da respectiva categoría e área de adscrición, non terán que presentar solicitude e respectaráselles a opción manifestada. Quinto.- O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación desta convocatoria no de Galicia As solicitudes, xunto coa copia compulsada do DNI, poderán presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e nos rexistros dos hospitais, complexos hospitalarios e xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, poderán presentarse por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia do centro hospitalario solicitado. Nº 95 Constituirá causa de inadmisión no citado procedemento a presentación extemporánea da solicitude pola persoa interesada. Sexto.- As listaxes de persoas aspirantes a nomeamentos temporais de curta duración obxecto desta resolución elaboraranse pola orde de puntuación que resulte da aplicación do baremo confeccionado ao abeiro da resolución do 1 de abril de 2009 (DOG nº 73, do 17 de abril). Para tal efecto, teranse en conta as puntuacións que, en aplicación do citado baremo e, respecto de cada aspirante, consten publicadas na listaxe ordinaria definitiva da respectiva categoría. Unha vez teña rematado o proceso de rexistro e valoración das solicitudes presentadas, publicaranse as listaxes provisionais nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e dos centros asistenciais dependentes delas, incluíndo a relación das persoas aspirantes admitidas coa súa puntuación e orde de prelación, así como das excluídas, indicando as causas da súa exclusión. Constituirá causa de exclusión das listaxes, entre outras, a falta de acreditación pola persoa aspirante do aboamento de taxas nos termos exixidos no punto oitavo desta resolución, así como non reunir a persoa interesada o requisito de admisibilidade que se contén no punto terceiro desta convocatoria. Resoltas as reclamacións, publicaranse as listaxes definitivas do xeito establecido para as listaxes provisorias. Contra as listaxes definitivas, as persoas aspirantes poderán presentar recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a data seguinte á da súa publicación. As persoas aspirantes que xa figuren como titulares nunha listaxe especial de curta duración na mesma categoría e área, no caso de seren admitidas neste proceso, serán dadas de baixa nela, manténdose tan só a súa titularidade no ámbito funcional da listaxe especial obxecto desta convocatoria. Sétimo.- As listaxes que se elaboren en execución desta convocatoria entrarán en vigor na data indicada na resolución de publicación das listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. As persoas admitidas nestas listaxes serán chamadas para a formalización dos nomeamentos derivados das vinculacións temporais previstas na norma 12.3 do pacto sobre selección temporal do 24 de maio de 2004 para as categorías de persoal de enfermaría (DUE) e de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, e que xurdan no ámbito das institucións hospitalarias comprendidas no ámbito desta resolución. Oitavo.- Efectuarase o aboamento de taxas consonte as formalidades, importes e, de ser o caso, normas de exención que se prevén na disposición novena da Resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional ( Estarán exentos do aboamento de taxas as persoas aspirantes que tivesen aboado estas ao tempo de tramitar a súa admisión nas listaxes da última convocatoria ordinaria vixente (ou das automáticas posteriores) pola modalidade de modificación substancial ou pola modalidade de primeira inscrición, independentemente de que xa figuren ou non nalgunha listaxe especial da mesma categoría e área, e proceda, consonte esta solicitude, efectuar a baixa na anterior. As persoas exentas do aboamento de taxas deberán facer constar na solicitude esta circunstancia, indicando o motivo de exención. De ser posible, e co fin de axilizar e facilitar as tarefas de elaboración das listaxes derivadas desta convocatoria, as persoas exentas de acordo do parágrafo anterior, achegarán á súa solicitude unha copia do xustificante do aboamento das taxas correspondentes á última convocatoria ordinaria. As persoas que estean obrigadas ao aboamento de taxas, por non estaren incluídas nalgún dos supostos de exención establecidos no parágrafo segundo, deberán presentar dentro do prazo de presentación de solicitudes o xustificante acreditativo do aboamento delas. Noveno.- aspirantes Consonte o réxime disposto na norma décima da Resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional ( persoas aspirantes interesadas que reúnan os requisitos establecidos na base terceira da citada resolución poderán presentar a súa solicitude, sen necesidade dunha convocatoria previa durante os primeiros quince días dos meses de xullo e outubro de 2010, e nos primeiros quince días dos meses de marzo, xullo e outubro dos anos sucesivos, de ser o caso. Estas solicitudes deberán simultanearse xunto coas correspondentes á listaxe ordinaria da respectiva categoría e área. Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010. Esperanza Fernández Lago Directora de Recursos Humanos 9.062 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 95 Obxecto.Venres, 21 de maio de 2010Ámbito.Requisitos.Solicitudes e documentación.Prazo e lugar de presentación.Diario Oficial.Venres, 21 de maio de 2010 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 9.061Elaboración das listas.Entrada en vigor das listaxes.Aboamento de taxas.Diario Oficial de Galicia nº 73, do 17 de abril).Incorporación automática de novas persoas.Diario Oficial de Galicia nº 73, do 17 de abril), asVenres, 21 de maio de 2010O/A ASPIRANTE (nome e apelido DNI:.............................................................................. Li s)……..….......…………………………………………………………….….……,staxe en que figura admitido/a (indique categoría estatutaria):Persoal de enfermaría (DUE) Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, C onvocatoria en que figura admitido/a (en listas definitivas):Convocatoria ordinaria do 1 de abril de 2009 Convocatoria automática do 1 de xullo de 2009
Núme Á Efectuou pa Goza de e nume Goza de e Convocatoria automática do 1 de outubro de 2009 Convocatoria automática do 1 de marzo de 2010ro de orde (en listas definitivas):........................................................................................................rea de xestión en que figura admitido: A Coruña Santiago O Salnés Ourensegamento previo das taxas de inscrición ........................................................................................................ xención total de pagamento de taxas (grao de discapacidade igual ou superior ao 33%; integrante de familiarosa de categoría especial)...................................................................................................................................... xención parcial de pagamento de taxas (integrante de familia numerosa de categoría xeral) ............................Non efectuou pa gamento de taxas nin goza de exención total ou parcial de aboamento das mesmas ...............................SOLI CITA:A que p e e 1.- Pa súa admisión na seguinte listaxe especial de curta duración hospitalaria (norma 12.3.1) (cubrirase cun X nos supostos enroceda a solicitude para cada ámbito dos que a seguir se indican, de modo que tan só se poderá optar a unha soa listaxe,sta deberá corresponderse coa área de xestión en que figura admitido/a o/a aspirante):ra a área de xestión da Coruña.................................................................Hospital Virxe da Xunqueira2 .- Para a área de xestión de Santiago...........................................................................Hospital da Barbanza3 .- Para a área de xestión do Salnés...................................................................................Hospital do Salnés4.- Pa .............................................. , ................. de ............................. de Sinatu ra a área de xestión de Ourense.................................................................................Hospital de Verín 2010ra,ADVERTEN 1ª Xunto con e Admini CIAS:sta solicitude achegarase copia compulsada do DNI da persoa aspirante e exemplar de autoliquidación de taxas destinado ástración cuberto pola entidade bancaria, ou xustificante de aboamento por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas(de ser o caso, segundo a norma oitava desta convocatoria).2 ª De acordo co previsto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datosincluído Saúde. O DIRE s nesta solicitude serán rexistrados en ficheiros automatizados da responsabilidade da Consellería de Sanidade/Servizo Galego des dereitos de acceso, rectificación, cancelación de datos e oposición poderán ser realizados nos termos previstos na antedita lei.CTOR/A PROVINCIAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DE ....………….......................................…………………………….ANEXO SOLI (HOSPITAL DO SALNÉS, HOSPITAL DA BARBANZA, HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA E HOSPITAL DE VERÍN) CITUDE DE INSCRICIÓN NAS LISTAS ESPECIAIS DE CURTA DURACIÓN DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDEC ONVOCATORIA DATA __________________________(Debe rá consignarse a data de publicación da convocatoria no DOG)
|